10.7.12

Máis agradecementos

Penso que ao longo destes once meses fun dando as grazas a todas e cada unha das persoas que nos fixestes chegar material escolar do máis diverso para levarmos aos orfanatos de Ucraína.
Creo que só deixei sen mencionar a Delia porque foi ao principio de todo cando aínda non pensaba facelo así e a Irea e Sofía que viñeron a casa hai tan só unhas horiñas... Se alguén se me despista, perdoade e sentide o noso máis profundo agradecemento.

Pero as GRAZAS de hoxe quero dirixilas especialmente a todas esas persoas das que non me atrevo a poñer o nome por medo a esquecer algunha pero que estou segura vos daredes por aludidas ;) 
A esas persoas, dicía, que por diferentes razóns non chegastes a traer material ben porque foi pasando o tempo e quedou pendente de facerse, ben por non chegar a ter ocasión de contactar con nós, ben porque nestes últimos días eu mesma vos "animei" a non facelo porque imos algo sobrecargados de peso ou incluso porque a vosa idea era que levásemos cartos e non quixemos recibir aportacións de diñeiro (espero que o entendades).

Pois iso, para todas esas persoas cuxo ánimo e apoio nos axuda e empurra igual que o de todas as demais, para eles, para elas e para todos vós vai a nosa gratitude por facerdes posible que este humilde proxecto  entre xa nunha das súas fases máis bonitas e interesantes: a viaxe a Ucraína!!! 

Levámosvos con nós, coma sempre, na "mochilinha" máis especial de todas... 





1 comentário:

Anónimo disse...

Boa viaxe. Gracias a vós por facernos partícipes da vosa "aventura". Un biquiño. Vémonos á volta!!! Raquel