11.7.12

As mochilinhas están preparadas...

... e as mochileras e mochileros tamén.

Agora mesmo acabamos de arranxar a equipaxe e xa só nos falta imprimir mañá pola mañá as tarxetas de embarque!!! 

Finalmente preparamos seis bolsos grandes para facturar con case 20 kg. cada un e seis mochilas pequenas que levaremos de man. 
En total cargaremos nada menos que 166 quilos!!!!! Deles, 131 kg son TODO o material escolar que nos fostes facendo chegar ao longo destes once meses e 35 quilos é a nosa equipaxe persoal que inclúe portátil para intentar non perder a comunicación con vós, cámara de fotos para compartir o que imos atopando e bolo de pan da casa con embutidos e bote de nocilla familiar para unha emerxencia...

Estación de tren en Beijing (China), 2009

O dito, volveremos vestidos á moda ucraína ;)))

Prometo poñer mañá unhas fotos tanto dos petates como do precioso coche vermello que alugamos esta tarde, entre ese e mailo noso coche acomodarémonos os seis e as mochilas para ir mañá desde Muimenta ata Madrid. Que ilusión!!!

Tamén hoxe crucei os últimos correos con Наталия antes de coñecernos persoalmente dentro dun par de días... Acabamos de concretar día, hora e lugar para atoparnos. Que nerviossssssssssssssss!!  


2 comentários:

Anónimo disse...

Moita sorte nesa nova andaina, Sabela. Estou segura de que esta viaxe vos será moi gratificante e ademais alimentaredes os corazóns deses nenos e nenas da Ucraína dunha ledicia inmensa. Pasádeo moi ben e mantédenos informad@s. Un bicazo a esa expedición da Terra Cha.
Ángeles R.Ll.

Anónimo disse...

Aí estaremos Sabela! un bico enorme
rosana