3.7.12

Facendo maletas

O xoves pasado deunos Mariluz o que cremos que será o último paquete de material escolar para levarmos a Ucraína: caixiñas cheas de gomas de borrar, afías e globos de diferentes formas e cores... Que ilusión!

Así, gran parte da tarde do domingo pasámola Rosalía e mais eu empaquetando todo e facendo lotes para repartir equitativamente todas as cousiñas que nos fostes facendo chegar ao longo destes últimos once meses.

A verdade é que o pasamos de marabilla distribuíndo o material e enchendo ata seis grandes bolsos con 19,5 kg cada un, iso é o que estimamos que poderemos facturar entre os seis. Os 13 kg restantes ata 130 son libretiñas, 130 cadernos de 100 g. 


Agora esperaremos a facer a nosa equipaxe persoal que será de man e por iso o máis reducida posible xa que terá que ir na cabina do avión, unha vez metido o imprescindible intentaremos acomodar en cada unha das nosas mochilas eses cadernos ata lograr transportar o total do material que nos destes.

Grazas, moitas grazas unha vez máis!!!



Por outro lado, o sábado dediqueime a organizar a documentación imprimindo e ordenando todas as reservas feitas desde o pasado catro de agosto (voos, albergue, aluguer da casa, da furgoneta...), xuntando os pasaportes, carné de conducir internacional, tarxetas sanitarias, etc. etc...


E así imos vendo que axiña chega o día de marchar. Esta mañá tamén recibín un correo electrónico do albergue de Kiev para que lles confirmase os días da nosa estancia e pola tarde chegoume outro do dono da casiña que alugamos...

Ai, que pouquiño falta xa!!!

5 comentários:

Aivou disse...

Ainssssss!!!, que me poño nerviosa...!!!!
:o*****************

Sabela disse...

Vamos Cris, vamoooooooooos.
Eu tamén comezo a sentir bolboretas no estómago, unha mestura de ilusión, responsabilidade e preocupación...
Ainssss! Biquiños!!!

Os Tartarouchos disse...

Aix! Que pouquiño queda! Que ganiñas temos de marchar convosco!!! :*

Unknown disse...

Boa viaxe amiguiños, sodes coma os nosos 'apalpadores' para eses nenos e nenas de Ucraína. Estaremos 'retellando' con vós. Moitos bicos.

Sabela disse...

Tartarouchos: e nós de levarvos, de seguir compartindo toda esta aventura con vós ;)

Grazas Retelladores! que cousa máis bonita ser os vosos "apalpadores", será estupendo achegarlles esas castañas da vosa parte.

Biquiños e benvidos a bordo!!!