27.6.12

Seguimos sumando...

…agora cantidades máis pequenas aínda que non por iso menos significativas.

A semana pasada tomei un dos cafés máis agradables dos últimos meses, foi en Outeiro de Rei. Moitas grazas Saúl por todas esas pinturas, lapis, bolígrafos e rotuladores que levaremos alá envoltos en ilusión.


Tamén me prestou un montón recibir unha caixiña que viña de estar días atrás no Instituto de A Estrada, alí foron xuntando material escolar da man de Heladio e Fernando para facérnolo chegar a través de Mariví e Belén. Moitas grazas a todas as persoas implicadas e moito ánimo a ese Club de Lectura “Retelladores do Galiñeiro”. Sodes fantásticos!!!


E tamén tivemos outra aportación de grupo, desta volta foi o alumnado de Atención Educativa de 2º de ESO do Instituto de A Pontenova coordinados pola súa profesora Elena. Mirade que cousiñas tan chulas fixeron para que levemos alá. Que artistas!!!


Por outro lado, estou botando en falta tempo para darlle unha boa volta á carpeta na que fun arquivando toda a documentación da viaxe desde o 1 de agosto do ano pasado: reservas de voos, aluguer de furgoneta, bonos de hotel para Madrid, reservas de albergues, contrato da casa de aluguer, enderezos dos orfanatos, pasaportes, tarxetas sanitarias, carné de conducir internacional, etc. etc. Hai xa tanto tempo que os fomos tramitando!!!

O seguinte paso será comezar co empaquetado facendo lotes máis ou menos heteroxéneos con todas esas cousiñas vosas que cada día reclaman un chisco máis de espazo.

Así que xa sabedes, ídevos preparando que nuns días saímos...
Que non quede ninguén en terra!!!

Sem comentários: