21.6.12

Cantas visitas!!!

A verdade é que foi un gustazo recibir tantas visitas durante estes últimos días. Veu xente coñecida e querida pero tamén houbo ocasión para presentacións coa conseguinte oportunidade de facer novas amizades.
Outra satisfacción grande é, sen dúbida, a confianza que poñedes en nós encargándonos a vosa “mochilinha” para facérmola chegar ós nenos e nenas de alá.

Moitas grazas a Felipe, a Óscar e ós seus compañeiros de traballo, a Ismael por acompañalos e por traernos esa matriuska como recordo da súa participación xunto con Barros e Noelia no Mongol Rally 2011. 
Grazas a Vanesa (e a Irene por achegala ata a nosa casa) e tamén a Raquel e Mateo quen con moita ilusión e poucos anos decorou a bolsa na que viñan as pinturas e cadernos. 






Grazas tamén a miña prima Ana que levaba xa uns meses gardando cousiñas para “nós” e tamén a Cova e Jose que viñeron de novo e trouxeron con eles a “Xiana” e a “Anya” despois de levalas á aula de 1º de Primaria no cole de Cova. 
Hai que ver que contentas viñan as dúas!!! Que ben o pasaron!!! ;)





Por certo, moitas grazas tamén por esas case 1500 visualizacións do conto "O agasallo de Anya" no Slide Share... Como me presta que se espalle e con el a idea deste proxecto! 

Grazas a todas e cada un de vós.

Por certo, sabedes que xa andamos rondando os 130 quilos? Iso significa que TODA a equipaxe que podemos facturar (6 persoas x 20kg = 120kg) e parte da de man serán as “mochilinhas” que deixaremos en Ucraína...
Témome que a nosa equipaxe persoal será mínima para podérmola levar na cabina do avión, se cadra igual ata temos que viaxar co posto e regresar vestidos á “moda ucraína” ;)

Con que gustazo cargaremos eses 130 quilos e cantas veces pensaremos en vós!!!

1 comentário:

Aivou disse...

Seguro que estades guapísimos á moda ucraína :o)