11.6.12

Isto vai collendo forma...


Durante esta semana que agora remata tivemos boas novas!!!

No que se refire ó material escolar cada vez sodes máis os amigos e amigas dos que levaremos para alá mostras de solidariedade e afecto en forma de lapis, cadernos, pinturas...
Estes días de atrás viñeron Zeltia, Lorena e Antía traer un paquete (canto sentín non poder recibilas) e ó día seguinte pasáronse Iago, Noemí e Antón traer outro. Moitas grazas!!!



Por outro lado lembraredes que Ludmila, a rapaza ucraína que nos ía axudar en Kiev, finalmente tivo que virse a España cun grupo de nenas e nenos que antonte chegaron a Madrid para pasar o verán con familias de aquí. De todos modos, coa súa eficacia e interese en axudarnos conseguiu poñerme en contacto con Наталия, unha rapaza de alá que leva algo máis dun ano estudando español na Universidade. Xa falamos e todo apunta a que vai ser de gran axuda para localizarmos aqueles orfanatos ós que nos gustaría chegar. Que ben!!!

E outro avance desta semana foi reservar habitacións en Madrid para a noite anterior e as dúas posteriores ós voos de Kiev. Tamén me dei conta o luns de que en ningún momento pensara no traslado do material desde Muimenta ata Madrid... Que cabeciña! Contemplando posibilidades optamos pola de alugar un coche pequeno en Lugo para devolvelo en Madrid e así, entre ese coche e mais o noso, esperamos acomodarnos tanto nós coma os paquetes para iniciar esa viaxe que tanto nos ilusiona...

E así seguimos, avanzando nesta conta atrás e agradecidos polo voso apoio e colaboración.


3 comentários:

Aivou disse...

Ainssss!, que nerviosssss
Cando era que marchabamos?
Oe, avisame con tempo se necesitas alixeirar as mochilinhas e póñome uns días a dieta ;o)
Un biquiño, familia :o***

Sabela disse...

jajajaja... Que risas contigo, Cris! Axiña, axiña levantaremos voo cara a Ucraína. Xa case podes ir abrochando o cinto...
Un biquiño!

Aivou disse...

:o*