15.5.12

Seguimos avanzando


Sabedes? As últimas achegas de material para levar a Ucraína trouxéronas Ánxela e Iago do instituto, unha das súas profesoras deulles todas estas mochiliñas e máis de dúas ducias de regras. Grazas, Pilar!


Uns días despois, Esther fíxonos chegar unha caixa chea de lapis. Non fun quen de contalos pero estimo que superan, con creces, as 1000 unidades. Graciñas, Esther!


E tan só unha semaniña máis tarde, obsequiounos Manolo con medio cento de estoxos que irán tamén para alá cheíños de material escolar. 
Grazas de novo, Manolo! 
(Este home parece que ten o “peto máxico” de Doraemon…)


E así seguimos, pensando en facer unha nova pesada pois o curruncho onde almacenamos o material xa logo bota por fóra... 


Grazas a todas e todos vós!


2 comentários:

Anónimo disse...

Noraboa!!!!! xa queda menos...
rosana

Sabela disse...

Moitas grazas, Rosana!!
A verdade é que si, que axiña pasa o tempo!! Biquiños.