20.5.12

"Case" temos algo que CONTAR...


A que non sabedes?

Hai uns meses estivemos a puntiño de facer unha colaboración entre “Mochilinhas de Cores” e un colexio de Lugo pero, finalmente, o plan non puido saír adiante :(  

A idea era que, nun primeiro momento, eu acudise ó colexio para contarlles ás nenas e nenos en que consiste “Mochilinhas de Cores” e despois eles, xunto coas profes, colaborarían con nós para que levásemos as súas valiosísimas aportacións a Ucraína. 
A que pintaba ben?

O caso é que cando souben que a quen lle tería que explicar todo este proxecto sería probablemente alumnado de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria (de 3 a 7 anos) deime de conta de que non me ía ser doado facerme entender e entón cavilei en…

… CONTARLLES UN CONTO!!!

Ilusioneime tanto coa invención da historia que cando me comunicaron que non podía saír adiante a actividade no cole, decidín facelo igualmente ;)

A experiencia está sendo moi gratificante, levo máis dun mes a voltas con el, discurrindo e divertíndome. E agora que xa o teño medio artellado, iniciamos a fase de colaboración cos pequenos; é estupendo considerar as súas aportacións para mellorar os textos así como divertirnos e aprender disparando centos de fotografías para ilustralo con imaxes.






En fin, que por un lado desexo velo rematado para poder compartilo con todas e todos vós pero, por outro, dáme pena acabar co proceso de creación co que tanto estamos a aprender e disfrutar…

                                                                              (continuará)  


3 comentários:

Catuxa disse...

Ainssssssssssss, que xenial Sabela !!!!!! sodes xeniais mágoa que non puidera ser. Eu nunca dubidei da vosa capacidade para transmitilo e moito menos de que iades atopar a maneira de facelo con tanta tanta creatividade e bo gusto.
Joooooooooooooooo, eu queriaaaaaaaaa.
Me pido que o ano que van fagamos algo xuntos vale? vale? vale?
Bicos e noraboa, osdes xeniais.

Sabela disse...

Moitas grazas, Catuxa!!

Non te preocupes porque non saíse adiante; nós estámolo disfrutando dun xeito parecido e en canto ás nenas e nenos do cole -como xa falamos daquela- recibiron igualmente ideas e valores similares ós que nos lles podiamos transmitir e iso é o realmente importante.

Un biquiño grande, grande e ata pronto. Temos pendente unha tarde de escalada, eh! ;)

catuxa disse...

Sei sei que temos epndente unha quedada. NOn me esquecín. En canto remate a tolería find e curso falamos e facemos quedada bruxiñas e rochas, vale??? Bicos