23.4.12

VIVAMOS COMA GALEGOS!!!

Por unha cuestión de simpatía e principios, procuramos mercar en GADIS cando temos oportunidade de facelo.
Así ocorreu hai un par de meses, un dos días que levei a Paulo ó Conservatorio e aproveitei para facer a compra en Vilalba. Como ía con algo de tempo, pareime a cubrir uns boletos que me deron co tique animándome a facelo porque remataba ese día a promoción. Sorteaban dous vales de 50€.

Pois mirade por onde, esta mañá chamáronme para dicirme que podía pasar a recollelos. Tocáronme os dous!!!


E como seguro que xa vos estades a imaxinar, despois de ter coñecemento nestes días de que nalgún dos orfanatos que imos visitar en Ucraína teñen necesidade ata de comida, apartaremos eses cartiños "extra" para levalos alá e facer unha incursión nalgunha tenda de comestibles ucraniana contribuíndo así a encher un pouquiño a despensa daqueles nenos e nenas que demandan alimentos, principalmente froita, en canto teñen ocasión ;)

Que sorte tivemos!!!


5 comentários:

Aivou disse...

Tedes menos sorte da que merecedes, eses vales non lle podían tocar a ninguén mellor
:o*****

Belén disse...

Estou orgollusísima de ter uns amigos coma vós!

Sabela disse...

Moitas grazas, rapazas!!!
Canto me presta compartir con vós todo isto ;)

Sara disse...

Que ben, Sabela! Por unha vez, o premio toca onde ten que tocar!

Sabela disse...

Grazas Sara. Un biquiño!