
Lembrades a entrada que escribín hai pouco máis dun mes? Seguro que si. Foi daquela cando contactei con Pili da Asociación "Amigos de Ucrania" e automaticamente se acendeu en "Mochilinhas de Cores" unha luceciña de esperanza...
Pois xa está!!! Ando intercambiando correos con Mila, unha muller ucraniana que comezou xa a colaborar con nós para facilitarnos o contacto e o entendemento cos nenos e nenas de alá. Polo de pronto, xa falamos de orfanatos e lugares concretos, de necesidades específicas que nos vemos capaces de "aliviar" grazas, sen dúbida, á vosa xenerosidade e participación no Proxecto.
Grazas Pili, grazas Mila e moitísimas grazas tamén a todas e todos vós.
Isto anímase ;)
4 comentários:
Parabéns!!!! Alégrome moito Sabela :)
Grazas Irene, a verdade é que son moi boas novas. Xa vos irei contando como avanza isto pero a cousa promete...
Un biquiño e moitas grazas por seguir aí.
Isto sí que son boas novidades!Eu diríache que "o que a sigue, conseíguea" e vós xa estades no camiño correcto! Moitos bicos amigos
Grazas Belén.
Non te imaxinas que gusto dá sentirse arroupados por vós nese camiño que ti ben dis!!!
Bicos!
Enviar um comentário