15.4.12

Xa temos mapa de estradas!!!

Pois iso, sigo convencida da non existencia de guías de viaxe de Ucraína en galego nin en español :( Iso levoume a mercar, nunha librería virtual, unha guía en inglés e un mapa de estradas que, afortunadamente, trae os nomes dos lugares tamén en ruso pois imaxino que nos indicadores das estradas só figurarán nese idioma :)

Por certo, tamén temos alugada xa a furgoneta na que esperamos acomodar todo o material que nos estades axudando a xuntar. Finalmente terá que ser unha Mercedes Vito de 9 prazas que nos acompañará durante toda a estancia en Ucraína :)

E así, pasiño a pasiño, xa vedes que isto segue avanzando... GRAZAS!!!

Sem comentários: