5.4.12

E así, de súpeto...

…pasamos o “ecuador” do tope de quilos que podemos transportar desde Muimenta ata Ucraína!!! Rondamos os sesenta!!!

Moitísimas grazas, Manolo.

Que afortunada me sinto por ter amigos “bos e xenerosos” ;-)

A verdade é que non ía tan desencamiñada cando lle dicía que cunha pequena aportación era suficiente pois a súa xenerosidade é tal que penso que é capaz de satisfacer el só as necesidades materiais de toda a infancia ucraniana, moldava e ata bielorrusa… Xulgade vós mesmos!


Non me digades que non se van sentir ben todos estes heroes e personaxes de banda deseñada que hoxe saen dos expositores de Totem para pasearse, dentro duns meses, polas rúas de Kiev acompañando sorrisos de agradecemento daqueles nenos e nenas. Que lindos e contentos van estar!!!

Tamén son moi gratificantes as caras e comentarios de alegría de Paulo e Rosalía axudándome a preparar o “tendal”:

- Má, estou tan contenta coma se todo isto fose para min!

- Madialeva!!!

O dito, sigo e seguirei mantendo que é moito máis o que recibimos que o que somos capaces de dar. GRAZAS!!!


2 comentários:

Irene disse...

Vexo que a cousa vai "vento en popa" por estes lares! Alégrome moito :)

Sabela disse...

Xa ves que si, Irene.
Toda unha satisfacción!!
Entre todos estades/estamos facéndoo posible. Moitas grazas ;)