3.4.12

Coñecendo e re-coñecendo xente grazas a Mochilinhas...


Eu non coñecía a Julia, sabía que tiñamos amigas comúns e así ela me enviou un correo hai uns meses a través do que contactamos facéndome saber a súa intención de colaborar con “Mochilinhas de Cores”. Que ilusión!

Onte estaba eu en Moexmu acompañando a Paulo e a Rosalía mentres modelaban barro con Pepa de Bonxe cando se me achegou Julia que disque me recoñeceu pola foto de perfil de Facebook ;)

Uns metros máis atrás quedaba o seu compañeiro falando con Carlos pois ó parecer hai uns anos que se coñecen e achegouse a el para preguntarlle se sabía quen era Sabela, se coñecía a unha xente que preparaba unha viaxe solidaria a Ucraína… A vida está chea de coincidencias!!!

Con gratitude e ilusión gardo a súa aportación para levar alá dentro de tres mesiños: lapis, cadernos, libretas, pinturas, afías, gomas, acuarelas…

E nesta mesma liña, lembro que non vos amosei a "mochilinha" que me fixo chegar Carmen a través dunha amiga común. Ela é destas persoas ás que non trato moito pero que coincidimos a miúdo no exterior das pistas de tenis animando ós nosos xogadores favoritos ;)


Moitas grazas!!! Encantada de coñecervos!!!


Sem comentários: