26.7.12

Luns, martes e mércores, 23, 24 e 25 de xullo.

E así, moi resumida, foi a viaxe de volta a casa.
Deixamos o albergue tras calzar, como cada día, as sandalias na porta de entrada onde quedaban xunto ás dos outros hóspedes  ;)


Fixemos unha última parada para deixar cheo o depósito do gasóleo da furgoneta tras facerlle nada menos que 2202 quilómetros!!!
A verdade é que foi unha marabilla e deunos moi bo viaxar. Grazas avita, por correr co gasto!!! ;)


E así chegamos ao aeroporto, desta volta coa pouca carga que colleu nas mochiliñas pequenas pero cunha gran carga emocional que levamos para compartir con todas e todos vós.


Un día completo de aeroportos, esperas e voos para cubrir o traxecto entre Kiev e Madrid facendo unha escala en Frankfurt.




E outro día tamén moi completo de relax en Madrid antes de emprender a viaxe cara a Muimenta entrando en Galicia nun día tan sinalado coma este, o 25 de xullo!!!



Xa na casa, estamos a descansar saboreando os pousos dunha viaxe intensa, emocionante e que nos encheu de aprendizaxes e satisfaccións.

MOITAS GRAZAS por axudarnos a facela posible!!!


2 comentários:

MARIÁN disse...

Olaaaa!!!
Recién chegada aínda me teño que poñer ó día coas vosas aventuras pero teño que dicir que con só ler este post puxéronse os pelos de punta....que experiencia!!!!eu só sei que de maior: QUERO SER COMA VÓS!!!!UN BICO GRANDEEEEE!!!!

Sabela disse...

Benvida Marián!!! Menuda viaxe tamén a vosa!
Un bico moi grande e grazas polas túas palabras ;)