2.8.12

GRAZAS!!!



Hai xustamente un ano comezaba a escribir este blog intentando dar forma a un proxecto que non facía máis que nacer. Daquela aínda non tiña nome, pouco despois xa o coñeciamos como "Mochilinhas de cores".

Falabamos naqueles días Carlos e mais eu de que, neste verán do 2012, estaría ben facermos unha viaxe especial e inesquecible coa que conmemorar as nosas "Vodas de Prata" ;)

Unha cousa tivemos clara desde o principio. Foi que esa viaxe para que nos resultase gratificante tería que ser compartida cos nosos fillos e alonxarse totalmente do que habitualmente se coñece como viaxes de "Lúa de Mel".

E así foi. Foi MEL o que saboreamos da man daquelas nenas e nenos dos orfanatos de Ucraína. De MEL era o sorriso da pequena Matiusa agradecida pola nosa visita e mais polos agasallos que levabamos de parte vosa. De MEL e de cores foron todas as mochiliñas que nos fixestes chegar cargadas de lapis, cadernos, pinturas, sorrisos, cariño...

Auténtico MEL foi o que recibimos de vós e de todas esas nenas e nenos aos que tivemos a sorte e o pracer de achegarnos hai uns días.

Non cansarei polo tanto de agradecervos a axuda e colaboración para facer realidade a inesquecible "Lúa de Mel" que vimos de vivir.

GRAZAS!!! 


5 comentários:

Aivou disse...

:´)
Que grandísima es, Sabela! Non teño palabras para comentar, só bicos (moitos, moitos) :o************
Grazas pola túa xenerosidade e polo túa grandeza

Sabela disse...

Grazas a ti Cris por estar aí desde o primeiro momento confiando totalmente en que isto ía ir adiante.
Moitísimos bicos para vós!!!

Belén disse...

As grazas son para ti e para esa gran familia que tes! Que ben que disfrutarais da vosa "lúa de mel" e ao mesmo tempo fixerais felices a moitos nenos. Eu xa volo dixen máis veces, pero quero repetírvolo:SODES GRANDES!

Mari disse...

Este ano non puiden seguir o blog dia a dia e estouno vendo cun certo retraso pero non por iso con menos intensidade. Ninguén ue vos coñeza so un pouco dudaría do éxito do proxecto, pero creo que superou as espectativas. So darvos as grazas por permitirnos compartir un pouco ese proxecto e ese anaco das vosas vidas tan cheas de boas cousas. Bicos

Sabela disse...

Grazas Belén e grazas Mari polas vosas palabras e pola vosa participación tan directa con nós neste proxecto. Moitos bicos!!!