22.7.12

Domingo, 22 de xullo.

Último día completo en Kiev!!!

Esta mañá demos os últimos paseos polas tremendas avenidas desta cidade. Decidimos non mover a furgoneta para poder descubrir o Metro... Vale, recoñecemos que tamén foi para evitar multas ou mesmo perdernos unha vez máis ;)

Soubemos que foi o terceiro en construirse na antiga URSS por detrás do de Moscú e S. Petersburgo que xa nos resultaran máis que impresionantes no seu día (1993). Especialmente as escaleiras son vertixinosas, moi empinadas e rápidas pero ten que ser así xa que a liña de metro vai a 100 m. de profundidade. 

Unha pasada!!! 


Non foi complicado chegar ata o centro para, unha vez alí, pasear polos arredores da Praza da Independencia, observar un acto no que se esixe a liberación de Yukia Tymoshenko e fixarnos no ir e vir da multitude de xente que sae a pasear o domingo.






Comemos e regresamos de novo en Metro ata o albergue. Alí collemos a furgoneta para saír na procura do Delfinario pois os pequenos tiñan moitísima ilusión por nadar cos golfiños e decidimos rematar esta peculiar viaxe cumpríndolles ese gusto...

Deixovos unhas imaxes para que vexades que tarde tan bonita pasamos a cuberto mentres fóra non amainou a chuvia nin un momento.

Todo un espectáculo!!!










E cando un ve actuacións coma esta éntranlle unhas ganas tolas de saltar á piscina e nadar cos golfiños... Algo así foi o que lles pasou a Iago, Paulo e Rosalía!!! 
Ben, tamén sentimos esa ilusión os demais pero as grivnas que nos quedaban non deron para tanto :(






E así, con esta tarde tan chula despedímonos para iniciar mañá a viaxe de regreso a casa. Espéranos un longo día de viaxe pois temos que ir devolver a furgoneta, embarcar en Kiev para Frankfurt e facer unha escala de cinco horas antes de subir ao avión que nos leve a Madrid. Pasaremos despois un par de días por Madrid e temos pensado chegar a Muimenta o mércores 25 á noitiña.

Así que na próxima actualización xa vos darei noticias desde a casa.

Por certo, non vos imaxinades que fácil e rápido foi preparar as mochilas de volta ;))))

Moitos bicos cheos de gratitude por "pasar" estes días con nós e ata pronto!!!

Sem comentários: