21.7.12

Venres, 20 de xullo.


Certamente foi un día tranquilo. Desde que nos levantamos enredamos pola casa ata que case foi a unha do mediodía.
Daquela subimos á furgoneta para saír cara á praia e pasar o día en Illichivs´k.

Xogar na area, refrescarnos nas frías augas do Mar Negro, xantar no entorno da praia, pasear pola vila e volver para a casa pasadas xa as oito da tarde.







Xa na casa comezamos a recoller as nosas cousas para saír mañá de novo cara  Kiev (Kyiv). Ás 11 virán os pais do rapaz que nos alugou a casa e despedirémonos deles para, a continuación, percorrer os case 500 quilómetros que nos separan da capital.
Que gusto dá comprobar que a equipaxe cada vez pesa menos!!! Tamén nesta rexión do sur de Ucraína deixamos parte de vós… e de nós!
                  
Imos descansar para coller mañá o camiño con ilusión. Sabedes? Antes de chegar a Kiev o contaquilómetros da furgoneta marcará 2000 km!!!

Penso que non perdemos o tempo ;)

Ata mañá!


Sem comentários: