Direivos que seguimos sen ter resposta ás cartas que enviamos ós orfanatos pero, tendo en conta que a data da viaxe cada vez está máis próxima, esta semana fixen unha nova búsqueda por Internet e dei cunha Asociación de Nais e Pais adoptantes en Ucraína e residentes en Madrid www.amigosdeucrania.org
Como xa teño feito con outras ONG pero sen obter resposta, enviei un correo electrónico a esta o pasado luns, o martes xa recibín contestación facilitándome un número de teléfono e o mércores mantiven unha longa e agradabilísima conversa con Pili que me encheu de satisfacción e esperanza. Grazas!!!
Sabedes? Todo apunta a que poderemos contar, a través desta boa xente, cunha persoa en Ucraína que nos facilitará o contacto cos orfanatos e que probablemente poida acompañarnos nalgunha das visitas e incluso axudarnos co idioma. Será estupendo!!
Escríboo con algo de reparo porque sinto que igual me precipito un pouco contándovos todo isto a falta de concretalo pero a verdade é que estou tan contenta que non quería deixar de compartilo con vós…
Como me presta!!!
2 comentários:
BENNNNNNNNNNNNNNNNNNNN!!!
Seguro que a primeira boa nova dunha futura grande lista!!!
rosana
Pois xa ves que si, Rosana. Só hai que ver a actualización que fixen dous días despois ;)
Grazas polo teu comentario premonitorio. Biquiños!!!
Enviar um comentário