Moitas de vós coñecedes a nosa afección ós malabares. A verdade é que estamos convencidos do gratificante que resulta xogar con este tipo de pelotiñas e temos botado tempadas literalmente “enganchados” a este entretemento.
Hai xa uns días, pensando en cousiñas para levar ós orfanatos de Ucraína, lembramos eses bos momentos e ocorreusenos comezar a tecer… Cuns sinxelos novelos de la de cores vivas, un gancho do 1,5 e mais unhas presadiñas de lentellas levamos feitas de momento estas vinte e catro pelotiñas para levar alá. Gústanvos? Para nós son moi especiais.
O ideal xa sería poder pasar unha tarde con eles ensinándolles a malabarear e aprendendo tantas outras cousas como eles nos poden ensinar… Sabemos que é difícil pero non perdemos a esperanza e seguimos soñando con momentos coma ese ;)
2 comentários:
Xenial a idea e as bolas... só espero que os nenos dalí non teñan xenes coma os meus ;oP (bueno, sempre poderían xogar con elas ao beisbol (para o que tampouco estou moi dotada, por outra parte):D)
Encántame que che guste a idea. Sabes? Tamén pensei nos amigurumis pero non os atopo "para torpes" ;)
Moitas grazas Cris, as túas palabras de ánimo sempre son moi ben recibidas :*
Enviar um comentário