Seguro que moitas e moitos de vós lembrades a Librería Balmes situada, desde o ano 1870, detrás da Casa do Concello de Lugo facendo esquina coa Rúa S. Pedro.

Seguramente algúns saberedes que esa antiquísima librería (teño lido que é a máis antiga de Galicia) tivo que trasladarse hai xa uns meses a un novo local situado na Rúa do Progreso e desde entón dedícanse principalmente á venda de libros deixando un pouco de lado os produtos de papelería.
Pois ben, a nosa veciña Julia é amiga dos propietarios da librería e lembrouse de nós cando soubo que tiñan material escolar que podía ser ideal para levarmos a Ucraína e do que estaban intentando desfacerse...
Con esta idea achegueime onte con ela á Balmes e recollín nada menos que… Unha mochila con sete quilos de material escolar!!! Ceras, rotuladores, témperas, pinceis, lapis, afías, gomas, pintura de dedos, tesoiras, bolígrafos, plastilina…
Sen dúbida, un importante empurronciño que nos fai acadar xa un terzo do peso máximo previsto e que todas e todos agradecemos porque nos axuda a ser un chisco máis felices. Grazas!!!
2 comentários:
Ohhh, que guai, canto me alegro... 7 quilos son un montón de quilos... noraboa Sabela polo teu bo facer (ata tendo veciñas con contactos ;) )
Ánimo, cielo, cada vez está máis cerca :)
Moitas grazas, Cris. A verdade é que se non fose por todos e todas vós, amigas e veciñas, xa non se me ocurriría iniciar este proxecto ;)
Un biquiño!!!
Enviar um comentário