Case vai un mes desde a última actualización, contámosvos agora as novidades que houbo neste tempo.
Onte mesmo enviamos unha nova remesa de cartas ós cinco orfanatos ós que temos decidido levarlles o material escolar e dos que seguimos sen ter resposta :(
Durante este último mes tamén xuntamos algo máis de material grazas ás vosas desinteresadas e ilusionantes aportacións. Un día o noso veciño Lombardero veu con máis de cincuenta lapis para levarmos para alá; á volta das vacacións Paz, desde Riotorto, fíxonos chegar un montón de gomas de borrar, lapis e todas estas caixas de pinturas con afías que vedes na foto; tamén Iago e Ánxela chegaron un día do instituto cuns maletíns e mochila que lles deron na aula de Plástica e mais por pertencer ó Club de Lectura da Biblioteca… E hoxe chegou miña nai cun paquete cheo de “cousiñas”: pequenos xoguetes, chaveiros, estoxos, lapis, bolígrafos, rotuladores, unha baralla…
Ademais, en distintos momentos ó longo deste mes atopei xente con interese en coñecer “Mochilinhas de cores” e colaborar co proxecto. Nin que dicir ten que iso me enche de satisfacción...
Desde aquí quero agradecervos unha vez máis a todas e todos o voso apoio e confianza pois iso é o que, sen dúbida, fai que se manteña e aumente a nosa ilusión.
Grazas!!!
2 comentários:
Ánimo, mochiliñas... :o****
Mmmm... que ricos. Como prestan eses ánimos! Moitas grazas, Aivou ;*
Enviar um comentário