28.12.11

Irene!!!

Onte tivemos visita! Botou unhas horiñas con nós Irene –a profe de “Coñe” do ano pasado, segundo Paulo e Rosalía- quen nos axudou a pasar unha tarde invernal do máis agradable que vos poidades imaxinar. Graciñas, Irene.

Veu cargada de agasallos para levarmos a Ucraína e curioseamos neles con tanta ilusión coma se fosen directamente para nós: lapis, bolígrafos, gomas de borrar, ceras, rotuladores, globos, cordas de saltar, un dominó… En fin, cantas cousiñas e que chulas todas elas!!!



A verdade é que agradecemos un montón todos estes detalles que estades a ter, tanto pola necesidade que deles teñen aqueles nenos e nenas a quen llelos faremos chegar coma por nós mesmos que aproveitamos estas razóns para vivir momentos tan agradables como a tarde de onte con Irene. Foi dos mellores regalos de Nadal que poderiamos ter!!! ;)

1 comentário:

Irene disse...

Eu agradezo moito esta oportunidade que me destes e espero que os nenos e nenas de Ucraína reciban as mochilas, polo menos, con tanta ilusión coma vós. Prestoume un montón pasar a tardiña con vós, graciñas!!