Mira ti por onde, resulta que as "Mochilinhas" van dar un pasiño adiante da man das SSMM os Reis Magos sen que así o tiveramos pensado en ningún momento.
Foi iniciativa de Rosalía quen, mentres escribía a súa carta, reparou en que esta podía ser unha boa ocasión para xuntar algo máis de material escolar para levar a Ucraína o vindeiro verán... Non dubidou un momento en incluír nas súas peticións unhas pinturas, lapis e gomas para os nenos e nenas de alá.

Este xesto, ademais de alegrarme un montón, lévame a pensar que un dos principais obxectivos do Proxecto estase a cumprir. A que si? ;)
Sem comentários:
Enviar um comentário