Pois así imos, ós pouquiños. Tanta é a calma que ás veces dáme a sensación de que isto non se move...
Pero non é así e para convencernos diso ocorreusenos esta tarde "pesar" o material que levamos xuntado. Pedimos prestada unha báscula e, con varias pesadas, calculamos os quilos que pouquiño a pouco se van almacenando nun curruncho da habitación... 17,7 kg!!!!
Isto quere dicir que para chegar ós cen quilos que -no noso particular conto da leiteira- estableciamos como tope para transportar, faltaríannos por conseguir outros cinco lotes semellantes a este.
Que vos parece? Seremos capaces ou, pola contra, escachará a ola do leite? ;)

4 comentários:
Eu aposto a que seredes capaces de xuntar esa parte que falta, moito ánimo! (espero tamén non tardar moito en facer a miña aportación). Biquiños
Moitas grazas pola túa confianza, Irene. Eu tamén o penso así ;)
En canto á túa aportación, xa sabes que non corre présa ningunha, aínda temos uns cantos mesiños por diante...
Un bico!!!
Claro que ides chegar!; e é de supoñer que aínda faltan moitos paquetiños por chegar, que entre eles está o noso. Bicos
Ay que bonita iniciativa. Noraboa dende Lugo, e antes de nada, grazas polo teu comentario na páxina www.nacionaltenislugo.com, acabamos de velo!!!!! :D
Un biko grande e que esta iniciativa siga prosperando.
Mua
Enviar um comentário