Despois de tempo sen actualizar o blog, vou pasar agora un pedaciño con vós contándovos como están as cousas ;)
Lembrades a primeira entrada? Contaba que escribiramos a un dos orfanatos de Ucraína porque queriamos contactar con eles antes de ir alá levarlles o material que xuntásemos. Pois a verdade é que esperaba –a estas alturas- ter xa feita unha nova entrada cargada de emoción e ilusión contándovos a súa resposta. Pois non, non pode ser aínda.

Presumiblemente esa carta non chegou ó seu destino :(
Deime conta entón de que debía insistir e o seguinte paso que dei foi contactar con tres ONGs de distintos puntos da xeografía española e que colaboran estreitamente con orfanatos ucranianos traendo incluso nenos e nenas afectados polas consecuencias do accidente de Chernobil a pasar períodos vacacionais a España. Conteilles en que consistía o proxecto “Mochilinhas de cores” e faciliteilles o acceso a este blog para darlles a coñecer as nosas intencións ó tempo que lles pedía axuda para contactar coa xente de alá.
Pois ata agora só podo decir que me sinto decepcionada polo seu silencio :(
Continuei entón a búsqueda por Internet ata atopar novos enderezos postais e agora mesmo teño tres orfanatos localizados ós que pensamos levar todo o material que xuntemos (o primeiro co que intentei o contacto e máis outros dous que atopei na rede).
Escribinlles hai unha semana e tiven así un novo “fracaso” pois os selos que me puxeron no estanco non foron os adecuados e recibinas de volta por “franqueo insuficiente” :(

Despois de todos estes pequenos contratempos, atópome agora enviando de novo cartas por correo postal e confiando en que cheguen a eses tres orfanatos para podermos recibir a súa resposta.
De todos modos, en caso de que non nos poidan responder estamos decididos a chegar igualmente a eses lugares coas mochilas ó lombo e agasallar ós nenos e nenas con todo o material que con tanta ilusión e cariño nos estades facendo chegar ;)
Moitas grazas pola vosa axuda e confianza.
5 comentários:
Ánimo mochilinhas, as cousas que pagan a pena soen ter atrancos polo camiño :o*
Moito ánimo seguro que axiña recibes novas de Ucrania.
bicos
mary
Sabela queres que intente falar con Chuco o rapaz de Marín que coñece Calvi e que estivo en Ucrania varios meses para traerse ó seu pequecho???
MOIIIItos ánimos!!!!!!!!!
rosana
Grazas rapazas!!! Seguro que contactaremos (cando menos chamando á porta da súa casa, jejeje).
Rosana, non te preocupes. De momento non hai présa, podemos deixar a opción de Chuco para máis adiante se seguísemos sen respostas pero imaxino que chegarán ;)
Moitas grazas, é unha gozada que esteades aí.
Biquiños!!!
Non hai que perder a esperanza, merece a pena seguir adiante con este proxecto así que MOITO ÁNIMO!!Despois do esforzo virá a recompensa, seguro!!
Enviar um comentário