18.9.11

Iris e a súa avoa

Iris ten tan só un aniño feito de hai uns días, é un bebé precioso e feliz que acapara tódolos sorrisos e palabras bonitas nas reunións familiares. Un cariño moi especial, e imaxino que imposible de sentir se non es avoa, é o que lle ten a miña querida curmá María.

Elas dúas, con moita complicidade e ilusión, tiveron onte un bonito detalle con "Mochilinhas de cores". Sorprendéronnos cunha preciosa mochila de "Dora la exploradora" chea ata rebordar de agasallos para lles levar ós nenos e nenas de Ucraína: plastilina, pinturas, bolígrafos, estoxos...


E o máis lindo de todo foi unha postal nada menos que agradecéndonos a oportunidade que lles brindamos para compartir. Pero... Como? Só faltaría! Grazas a vós, a vós e a todos eses nenos e nenas que fan que vivamos momentos tan emotivos e ilusionantes coma este de onte ;)

E o que nos queda, que isto non fai máis ca comezar...

Sem comentários: