Xa dicía eu que neste Proxecto iamos recibir moito máis do que fósemos capaces de dar... Madia leva!
Onte pasamos unha tarde moi especial. "Mochilinhas de cores" foi a excusa perfecta para pasar unha tarde de amigas (con parellas, fillas e fillos incluídos) inesquecible: risas, lembranzas, xogos, baños na piscina, conversas, algo para picar e beber... Toda esta mestura convertiu esas horiñas nunha inxección de endorfinas ideal para comezar este outono que ameaza con instalarse dun momento a outro.
E por se todo iso fose pouco, a mesa da cociña quedou así de repleta de agasallos para obsequiar a eses neniños e neniñas de Ucraína ós que debemos, en gran parte, a bonita tarde de onte ;)

Grazas Rosana, Mari, Raquel, Cristina, Rita, Carlos, Calvi, Xan, Sabela, Uxía, Antón, Zeltia, Lagoa e grazas tamén a Miguel que non deu chegado porque a preciosa lúa de onte fixo que aqueles animaliños non desen esperado un chisco máis para parir...
GRAZAS!!!!
1 comentário:
Grazas a vós por ser tan especiales :o****
Enviar um comentário