INTRODUCIÓN
Nestes días vimos de buscar información sobre as condicións de pobreza en que viven multitude de nenos e nenas acollidos en orfanatos de países do leste. Contactamos con un deles: o orfanato de Yahotyn no leste de Ucraína que é o noso principal obxectivo xunto con outros que coñezamos durante o Proxecto.
Sabemos que estes nenos e nenas gozan de valores tan necesarios para o bo desenvolvemento das sociedades como son o seren agradecidos ante calquera agasallo que reciben, teñen a capacidade de alegrarse por poder xogar cunha pelota aínda que non sexa “de marca” e de sorrir ante unha prenda de vestir “nova” a pesar de que sexa de segundo ou terceiro uso… Pensamos que eles nos poden aportar e ensinar moitas actitudes que precisamos e que, desgraciadamente, estamos a perder.
Por outro lado, nós gozamos dun exceso de bens materiais; na maioría dos casos dispoñemos de moitos máis alimentos, xoguetes ou libros dos que en realidade precisamos.
OBXECTIVO
“Mochilinhas de cores” nace coa pretensión de buscar un equilibrio entre as necesidades duns e doutros tentando para iso compartir os “excedentes” de ambos.

MATERIAIS QUE PRETENDEMOS XUNTAR
Caixiñas de pinturas de cores (ceras, lapis, rotuladores…)
Cadernos de debuxos para colorear
Libretas sinxelas
Lapis, gomas, afías, plastilina…
Puzzles
Globos
Pelotas pequenas ou desinfladas
Cadernos de debuxos para colorear
Libretas sinxelas
Lapis, gomas, afías, plastilina…
Puzzles
Globos
Pelotas pequenas ou desinfladas
Pensamos nestes obxectos entendendo que lles poden dar moito xogo para aprender e divertirse ademais de resultaren baratos pois parécenos importante agasallalos con materiais novos. Tamén tivemos en conta o feito de que ocupen pouco espazo e sexan lixeiros para, levando o mesmo peso, poder obsequiar a un maior número de nenos e nenas.
As nosas expectativas neste sentido son de xuntar un máximo de 100 quilos de “material escolar”.
COMO COLABORAR
Se vives lonxe de nós e queres axudarnos, podes facer un paquetiño e enviárnolo por correo postal á casa:
Sabela Núñez Singala
“Mochilinhas de cores”
Cima de Vila, 9
27377 MUIMENTA (Lugo)

Outra opción é contactar por teléfono, por correo electrónico a mochilinhasdecores@gmail.com , a través do blog ou ben por calquera outro medio que nos facilite vernos e recollelo persoalmente aproveitando así para charlar un pedazo ;)
COMO LLELO IMOS FACER CHEGAR
A primeira idea que barallamos foi a de levar o material ata Ucraína en coche durante o verán do 2012; desbotámola calculando os días necesarios para o desprazamento e comparando o gasto que iso suporía cos baixos prezos ós que se poden conseguir voos de Madrid a Kiev mercándoos coa suficiente antelación. De aí tamén a conveniencia de levarlles obxectos que ocupen pouco espazo e sexan lixeiros.
En canto ás “mochilinhas” que, coa vosa axuda, pretendemos encher, procuraremos que sexan extensibles xa que queremos traérvolas de volta cheas de gratitude e de ilusión deses nenos e nenas dos que, con total seguridade, recibiremos moito máis ca o que nós sexamos capaces de darlles.
Moitas grazas!!!

5 comentários:
Conta comigo Sabela, para a semana póñome en contacto contigo e falamos. Teño algunhas cousiñas desas pola casa que non lles dou uso e imaxino a cantidade de ilusión que a eles lles pode facer. Grazas por levar a cabo este proxecto, encántame! Demostra unha gran vontade pola vosa parte. Saúdos!
Sabela, pa semana que ven,poñome a buscar cousas, que teño gardadas,mochilas,peluches,a ver o que encontro.A verdade creo que fixen ben con gardalas,ahora chegalles o momento que eses nenos poidan disfrutalas.Bicos
Moitas grazas ás dúas, estivemos fóra uns días pero xa andamos de novo por aquí. Nun día destas vacacións tamén fomos mercar algunhas cousiñas para comezar a gardar con ese fin...
Biquiños ás dúas!!!
pregunta...temos data límite para preparar o paquetiño?
...eu apúntome a ese café para facer o intercambio..
moitos biquiños
rosana
O paquetiño non corre présa Rosana, o café si que urxe ;)
Un biquiño e moitas grazas!!!
Enviar um comentário