15.8.11

Lote O

Velaí o primeiro lote que xuntamos!!!

A comezos desta semana pasada miña nai, nun típico xesto de avoa (ou avita como a ela lle gusta que os netos a chamen pola súa orixe mallorquina) repartiu 20€ entre Iago, Ánxela, Paulo e Rosalía durante un paseo por Boiro. Acordamos entón adicar 2 dos 5€ de cada un a mercar “material” para Mochilinhas de cores nunha tenda multiprezo.

Todo isto é o que conseguimos con 8€ escasos!!!


Ah! Tamén conseguimos ver o sinxelo e satisfactorio que resulta botarlles unha man a eses nenos e nenas que tanto o precisan… Non será a última vez que vaiamos "de compras" cos nosos aforros desde agora e ata o verán que vén!!! ;)

6 comentários:

patricia disse...

pois gustariame facer a miña pequena contribución xunto con vós :)

Sabela disse...

Estupendo Patri, para nós será un gustazo levarlles cousiñas tamén de parte túa. Un biquiño!!!

Teixeiro disse...

Ola! acabo de ver o voso proxecto no facebook,e gustaríame aportar algo. Como vos fago chegar o lote?:) graciñas!

Sabela disse...

Ola Teixeiro!! Antes de nada, moitas grazas por contactares con nós e encantada de que queiras colaborar. Na entrada anterior a esta tes o noso enderezo postal por se queres mandárnolo por correo. Non sei onde vives, se cadra ata non estamos moi lonxe e é posible vernos... Xa me contas. Unha aperta.

Teixeiro disse...

ola de novo, pois polo debuxo imaxinábame que sería en Muimenta,e xa vin o enderezo onde me dixeche jeje, non de lonxe non son a verdade. Xa tomei nota de cales son as cousiñas, e cando as teña volvome a por en contacto contigo por aqui para levarchas un día, que as veces píllame de paso ir por ai. Graciñas!

Sabela disse...

Grazas a ti!!! Un saúdo.