E chegaron os Reis Magos! Ó final Paulo, Ánxela e Iago compartiron a idea de Rosalía e cada un deles pediu algún detalliño para levar a Ucraína e… Trouxéronllelo!!!
Ademais, a nosa amiga Belén deunos unha agradabilísima sorpresa onte á tarde: veu visitarnos con Lucas, Juan, Luísa e un lote de agasallos. Houbo un paquete moi especial, unha preciosa mochila chea de cousiñas que nos encheron de satisfacción.

Grazas Belén e familia!!! Non vos imaxinades o gusto que nos dá ir xuntando tantas cousas como nos traedes con ese cariño e a ilusión de sacarlles un sorriso a aquelas nenas e nenos de Ucraína.
Grazas por axudarnos a seguir!!!
Grazas por axudarnos a seguir!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário